Obra completa, Antoloxía |
Trátase de doce relatos nos que se presenta un mosaico de mulleres en conflicto,
interrelacionadas en situacións e sentimentos. Aínda que independentes, pódese considerar que
forman parte dun todo unitario que, se ben permite unha lectura cognitiva individual, presenta uns
trazos comúns a todos eles. Desenvólvense en Canadá ou na India, ou ben a cabalo de ambos
lugares. En todos eles, sobre todo nas súas personaxes, están vivas estas dúas realidades por
sentilas propias ou alleas. Así, por exemplo, en “Follas de Siringa” temos unha situación conflictiva
entre Bidget e a doutora Sahib, por apostaren unha pola medicina tradicional, como sempre fixo o
pobo, e outra pola medicina comercial. Noutros como “O presente de Asha”, vémo-lo conflicto
entre dúas mulleres con diferencias de clase: a doutora Sahib e a súa criada Asha que narra o
problema en primeira persoa. Tamén hai relatos como “Análise de mercado” e “Muni”, que
desenvolven as dificultadades ás que se ten que enfrontar unha muller de orixe hindú porque os
seus pais procuran amañarlle o matrimonio, e as difíciles relacións sexuais entre un matrimonio de
conveniencia arranxado polos pais dela, respectivamente. |