Traducións
Título Monstruario fantástico. Gaiola para animaliños felices
Autoras/es Nome  Xavier Rodríguez Baixeras
Publicacións  Monstruari Fantástic. Gàbia per a petits animals feliços
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Relatos
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, 168 p.
Obra completa, Antoloxía  2 publicacións orixinais.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-8288-175-2
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Editorial Galaxia, Col. Literaria, nº 150
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 PER mon
Fonte  Viceversa
Soporte  papel
Introdución e notas  
Textos críticos   Presenta Joan Perucho (Barcelona, 1920) neste seu Monstruario Fantástico toda unha galería de monstros e seres anormais tales como son Jezabel, O Cuspidor, A Pesanta ou O Palmarium. Narra a orixe de cada un destes seres e descríbeos fisicamente, ademais de conta-la historia de cómo se deron a coñecer e cáles son as súas actitudes e comportamentos máis habituais. Á parte disto, tamén dá conta de certos autores, libros e tradicións que tratan de cuestións relacionadas con eles. En Gaiola para animaliños leva a cabo un exercicio semellante, aínda que agora refírese a certo tipo de animais fantásticos como é o caso da Irania, Peret ou Penélope. A información que ofrece nesta mostra é moito máis breve cá presentada anteriormente, e céntrase, sobre todo, na anécdota ou historia característica desta nova serie de animais. Recensións: M. Blanco Rivas, “Monstros e outros animaliños felices”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 51, 4 abril 1998, 2. Comeza informando acerca do contido do volume e da obra que lle dá título, Gaiola para animaliños felices. Cítase algunha das criaturas fantásticas que transitan polo volume, entre as que destacan as situadas nos últimos cinco séculos da historia de Cataluña. Finaliza situando a Perucho entre a elite da literatura catalana contemporánea e lembrando a súa traxectoria no mundo das letras. -Carlos L Bernárdez, “De monstros e outros animaliños felices”, Guía dos libros novos, nº 1, “Literatura. Narrativa”, novembro 1998, p. 23. Refírese a Joan Perucho como “un dos máis sobranceiros representantes da narrativa de liña fantástica comezada nos anos cincuenta” e lembra a súa traxectoria “caracterizada pola súa inmensa curiosidade, cultura e imaxinación”. Sinala que a predilección que sente este autor polo relato ou peza curta lle recorda ós narradores galegos contemporáneos e comenta que o predominio do fantástico, da maxia, do misterio, do onírico nas narracións cun tratamento culto remite a Italo Calvino ou a Álvaro Cunqueiro. Comenta brevemente algúns aspectos dalgunha das súas obras e, con respecto a este volume, sinala que contén “dúas obras mestras deste universo literario e desta exactitude e razoamento deductivo aplicado con espontaneidade ó servicio da imaxinación”. Segundo di Monstruario ofrece “un bestiario de erudición fantástica” pola súa calidade e pola súa libre inventiva, cunha extraordinaria precisión na estructura formal” que se ve reflectida na traducción. Conclúe destacando, que Perucho crea un mundo que tende a “mistificación e o barroquismo no que destaca a perfección na descrición”.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros