| Observacións |
Novela que aparecera por vez primeira na compilación de cinco relatos de Jean-Paul
Sartre (París, 1905-1980) intitulada Le Mur (1939) e que acadou un notábel éxito (en
1940 recibiu en Francia o Premio Populista). Esta obra, da que existe unha tradución
previa ao galego, de 1989, intitulada O paredón, feita por Xosé María Proupín para
Edicións Xerais de Galicia, na colección “Grandes do noso tempo”, ambiéntase no
contexto convulso e ameazador que precedeu ao auxe do fascismo no período entre as
dúas grandes guerras do século XX e retrata a vida dun mozo nado nunha familia
burguesa e cun destino marcado. |