Traducións
Título [A] Six Galician Poets
Autoras/es Nome  Keith Payne
Publicacións  [A] Poesía de seis autores galegos
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Inglés - en
Direccionalidade  Directa
Ano  2016
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía. Os autores galegos cuxos poemas se compilan nesta obra son Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950), en cuxa poesía narrativa con numerosos encabalgamentos e liñas rítmicas se explora a infancia e a unión familiar. Tamén conta con poesía lírica artellada con oxímoros, relacionada coa poesía imaxinativa sobre a natureza galega. Outra autora é Chus Pato (Ourense, 1955), que analiza o proceso de escritura dos seus poemas, ademais da construción da súa identidade, a través de poemas narrativos nos que se intercalan os soliloquios e os diálogos. A terceira autora é Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) que tamén examina a profesión de escritora nos seus poemas narrativos que intercalan o galego con algún termo en inglés. Estevo Creus (Cee, 1971) é outro dos autores recompilados nesta colección. A súa poesía trata sobre paisaxes de desolación e indecisión nunha lírica de versos de arte menor. A quinta poeta é María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976), cuxos poemas nesta antoloxía, narrativos ou en forma de nota, versan sobre corpos con dor e como o ser humano se comporta cando confronta representacións artísticas do corpo. O último autor é Daniel Salgado (Monterroso, 1981) cuxa lírica se centra na crónica adversa dos nosos tempos, con poemas rítmicos cheos de encabalgamentos e rimas sincopadas.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-1910345-45-0
Lugar de edición: editora, colección  Todmorden: Arc Publications
Localización e signatura  BUV Filoloxía/Traducción FFT 869.9 SIX gal
Fonte  Libro propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  Limiar de Manuela Palacios
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Poemas en galego con tradución ao inglés en páxinas encaradas, introducións en inglés. Antoloxía poética de autores galegos compilados por Manuela Palacios (1959) e con traducións ao inglés a cargo de Keith Payne. Principia cun limiar en inglés de Manuela Palacios gabando a poesía galega e a súa denuncia social, vencellada á terra e a natureza galega, elemento en común de todos os poemas desta colección. Os autores galegos cuxos poemas se compilan nesta obra son Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950), en cuxa poesía narrativa con numerosos encabalgamentos e liñas rítmicas se explora a infancia e a unión familiar. Tamén conta con poesía lírica artellada con oxímoros, relacionada coa poesía imaxinativa sobre a natureza galega. Outra autora é Chus Pato (Ourense, 1955), que analiza o proceso de escritura dos seus poemas, ademais da construción da súa identidade, a través de poemas narrativos nos que se intercalan os soliloquios e os diálogos. A terceira autora é Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) que tamén examina a profesión de escritora nos seus poemas narrativos que intercalan o galego con algún termo en inglés. Estevo Creus (Cee, 1971) é outro dos autores recompilados nesta colección. A súa poesía trata sobre paisaxes de desolación e indecisión nunha lírica de versos de arte menor. A quinta poeta é María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976), cuxos poemas nesta antoloxía, narrativos ou en forma de nota, versan sobre corpos con dor e como o ser humano se comporta cando confronta representacións artísticas do corpo. O último autor é Daniel Salgado (Monterroso, 1981) cuxa lírica se centra na crónica adversa dos nosos tempos, con poemas rítmicos cheos de encabalgamentos e rimas sincopadas.
Ficheiros