| Título | A cura en Troia: versión do Filoctetes de Sófocles |
|---|---|
| Autoras/es Nome | Stephanie Jennings Manuel Outeiriño Gallego |
| Publicacións | The cure at Troy |
| Ilustracións | |
| Xénero | LIT_Teatro |
| Lingua | Galego - glg |
| Direccionalidade | Directa |
| Ano | 1998 |
| Edición | monolingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Encadernación rústica, 21x13 cm, 96 p. |
| Obra completa, Antoloxía | Obra completa |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | 84-8302-278-8 // 84-453-2203-6 |
| Lugar de edición: editora, colección | Vigo: Edicións Xerais, Col. Os libros do Centro Dramático Ga |
| Localización e signatura | BUV BCP 820 HEAN,S |
| Fonte | Viceversa |
| Soporte | Papel |
| Introdución e notas | |
| Textos críticos | Recensións: -Manuel F. Vieites, “O presente refaise no pasado”, Guía dos libros novos, nº 1, “Literatura. Teatro”, novembro 1998, p. 27. Considera que a recreación da materia grega faise para crear un texto totalmente novo ou para provocar sucesivas actualizacións que, “atendendo a diferentes criterios e con maior ou menor liberdade, se concretan nunha nova versión de modelo inicial”. Esta característica obsérvaa na obra A cura en Troia. Alúdese ó orixinal coas únicas incorporacións dalgunhas modificacións no estilo, nas funcións e no discurso do coro. Con estes cambios, ó seu entender, o escritor renuncia á carga retórica e establece “unha ponte, sempre necesaria, entre a fábula argumental e a realidade cotiá na que o texto se vai integrar”. A continuación recolle as últimas palabras do coro coas que se indica o final do conflicto, pon de relevo o carácter alegórico do texto. Explica que Heaney non parte da tradición gaélica para poder distanciarse da súa propia realidade e que a temática do libro xira ó redor dos conflictos éticos e morais que provocan “a escolla entre a propia identidade persoal e a convivencia política”. Fai un resumo do argumento e alude á lectura crítica que permite o texto e finalmente refírese á multipliciade de interpretacións que se poden facer desta actualización ó analiza-lo conflicto “á luz da situación política da nación” e recomenda a súa lectura. |
| Premio(s) | |
| Observacións | Versión do Filoctetes de Sófocles |
| Ficheiros |