Traducións
Título A mandrágora
Autoras/es Nome  Francisco Pillado Mayor
 Luísa Villalta
Publicacións  La mandragola
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, 100 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-89896-24-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago: Edicións Laiovento, Col. Teatro, nº 106
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 MAC man
Fonte  Perseo
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   Recensións: X. G. G., “Niccoló Machiavelli en galego”, A Nosa Terra, nº 846, “Guieiro Cultural”, 3 setembro 1998, 23. Saúda a traducción para o galego desta obra da man de Luísa Villalta e Francisco Pillado. Considera A mandrágora como un dos cumios teatrais do século XVI, de aí a importancia de que os lectores galegos podamos acceder a ela na nosa lingua. A seguir, partindo da influencia desta obra na creación doutras posteriores, destaca o seu carácter revolucionario, pola súa intriga, pola “virulencia do seu realismo crítico”, e polo uso da prosa nos diálogos, algo totalmente innovador. -Carlos L Bernárdez, “Unha comedia maquiavélica”, Guía dos libros novos, nº 1, “Literatura. Teatro”, novembro 1998, p. 24. Comenta o escaso espacio que lle dedican as editoriais galegas ó xénero dramático a excepción de Laiovento que posúe un amplo fondo de creación e reflexión teatral. A continuación centra a súa atención na traxectoria literaria de Niccolò Macchiavelli e define a este escritor como “unha figura clave do pensamento renacentista italiano e europeo” pola súa obra O Príncipe. Céntrase na versión ó galego de La Mandragola, e refírese á proxección dunha “visión amarga e lúcida dos homes”, cun manifesto xuízo ético e que está escrita cun carácter cómico e satírico ó tempo. Alude á estructuración e á finalidade do autor é divertir e “dicir verdades, polemizar, moralizar e atacar”. Prosegue cun resumo do argumento e describe o estatus social de cada un dos personaxes, cos que o escritor representa a sociedade florentina do seu tempo e afirma que nela se “pon en escena unha burla, pero non para gabar a intelixencia do seductor senón para enxergar con satírica compaixón e desexo amoroso dun e a mediocridade e a tristeza doutros, que confunden valores e criterios”. Salienta o feito de que o escritor non se deixase levar polos seus sentimentos de repulsa e que permita “un diálogo cun contemporáneo que nos chisca o ollo cómplice desde a Florencia dos Medici”.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros