Traducións
Título Arte de amar / Remedios do amor
Autoras/es Nome  Lucía Gómez Fariña
 Raúl Gómez Pato
Publicacións  Ars amatoria/Remedia amoris
Ilustracións  
Xénero  NON-FIC_Ensaio
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2016
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  22x15 cm, 176 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-92866-74-8
Lugar de edición: editora, colección  Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora, Vétera
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  Primeira tradución conxunta ao galego de ambas obras en verso de Publio Ovidio Nasón (Sulmona, 43 a.C.-Tornos, 17 ou 18 d.C.). Lucía Gómez Fariña, na “Introdución”, comeza referindo que “con estas dúas obras didácticas queda cuberto o tema amoroso de principio a fin, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende un punto de vista tanto masculino como feminino” (p. 7). A seguir sintetiza “o autor no seu contexto” e despois céntrase en resaltar o máis relevante do contido de ambas as obras: de Arte de amar salienta que “Ovidio, rexeitando os tópicos da épica sobre a inspiración do poeta, ofrece a propia experiencia como fonte da que bebe os seus consellos, e pide amparo a Venus, deusa do amor” (p. 14), que prohíbe ás mulleres casadas ler a súa obra e que “o amor enténdese como un xogo no que os dous amantes, home e muller, son conscientes das regras que os rexen” (pp. 21-22); e de Remedios do amor salienta que “ensina como desfacerse dun amor enfermizo, que consome a quen osente”, que vai dirixida tanto a mulleres coma a homes e que “en definitiva, os Remedios do amor perfílanse como o antídoto de Arte de amar, como un espello invertido no que se deben aplicar os consellos na dirección oposta, no que se debe ̔desaprenderʼ a amar” (p. 24). A parte introdutoria péchase cun resumo do exilio que padeceu o autor, unha alusión á influencia da obra ovidiana en autores posteriores, unhas explicacións sobre as fontes empregadas para a tradución realizada e unha bibliografía básica.
Textos críticos  - Román Raña, “Retorno dun clásico”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 595, “Libros”, 22 setembro 2016, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 548, “Letras galegas”, 8 outubro, p. 8.
Premio(s)  
Observacións  Inclúe tamén a obra «Remedios do amor», do mesmo autor.A primeira delas, o tratado épico Arte de amar, xa fora traducido por vez primeira de forma íntegra ao galego en 1999 por Xoán Carlos Domínguez Alberte para Xuntanza Editorial e reeditado, na mesma editorial, en 2001, cunha introdución do propio tradutor, como se pode seguir polo descritor inserido no Informe de Literatura 2001. E a segunda, Remedios do amor, parte do propósito inicial de “deixar un amor enfermizo” (pp. 139-140), enfocado dende a ollada do Amor e do mestre e estrutúrase en breves consellos en verso nos que se precisan os destinatarios da obra e se incide en que se debe “eliminar o problema a tempo” (pp. 142-143), de tal forma que se debe romper definitivamente para evitar un problema aínda maior e propón para conseguir esquecer ese amor unha serie de remedios, como son “manterse ocupado. Política e milicia” (p. 144-145), “a agricultura” (pp. 146-147) e “a caza e a pesca” (p. 147), se ben insiste na importancia de “afastarse” (p. 148) porque senón “de nada serve a maxia” (pp. 149- 153). A continuación céntrase no “comportamento no leito” (pp. 153-155) e aconsella “ter varias amantes” (pp. 156-158), “disimular os sentimentos” (pp. 159-160), empacharse de amor, “deixar os celos e lembrar as desgrazas” (pp. 160-162) e un monllo de comportamentos que se deben “evitar”, caso da soidade, o contacto conoutros namorados ou con persoas próximas á amada, non falar dela nin gardar rancor, ter precaución ante un encontro con ela, esforzarse por esquecer e así mesmo evitar os teatros e a poesía amorosa, os celos, ser indiferente ante ela e procurar ter amizade co rival e ter unha dieta anafrodisíaca.
Ficheiros