Textos críticos |
- Manuel F. Vieites, “Séneca, Medea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 605, “Teatro”, 1 decembro 2016, p. VIII. |
Observacións |
O libro comeza cunha introdución a cargo do autor
sobre a vida de Séneca e a súa obra, dedicándolle un capítulo á análise de Medea dende
o punto de vista estrutural, do ritmo da narración e da súa influencia na literatura galega.
Nesta obra de teatro lírica emprégase unha linguaxe elevada, propia da lírica clásica e
conta cunha estrutura circular, comezando e rematando coa mesma palabra, “deuses”.
Dividida en cinco actos, o argumento xira ao redor da figura feminina de Medea e a súa
vinganza contra o seu marido, Xasón, por mor da voda deste con Creúsa, filla do rei
Corinto. Ao longo da obra, a protagonista trata de recuperar o seu marido, pero ao non
conseguilo, cae presa da desesperación. No camiño á súa vinganza, Medea asasina a
futura muller do seu marido, o pai desta, que considera o culpábel da súa infelicidade, e,
por último, tamén os fillos que tivo con Xasón. A través dos diálogos da protagonista
coa ama de cría e co propio rei Corinto, Medea denuncia o abuso do poder e da falta de
xustiza, ademais de proxectar unha imaxe de muller que rompe co seu rol pasivo nunha
sociedade patriarcal. |