Observacións |
Poemario conformado por un poema de Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) escrito
orixinalmente en galego e publicado en 1985 en Grial, en 1987 no libro A boca violeta e
máis tarde en versión tetralingüe –galego, castelán, francés e inglés-, e a súa tradución a
trinta e catro linguas: vinte e unha europeas (portugués, asturiano, eúscaro, castelán,
catalán, occitano, francés, italiano, inglés, alemán, danés, neerlandés, finés, grego,
gaélico irlandés, gaélico escocés, galés, bretón, ruso, polaco, checo), seis asiáticas
(armenio, hebreo, árabe, chinés, xaponés, hindi), tres africanas (swahili, ioruba, wolof),
dúas americanas (quechua, guaraní), unha de Oceanía (rapanui) e no internacional
esperanto. As traducións foron realizadas por tradutores dos cinco continentes, a
ilustración do debuxo da cuberta e o caligrama do poema son da autoría de Carme
Blanco pero, ademais, conta con varios debuxos no interior de Sara Lamas. A edición
péchase cun recoñecemento ás vítimas das guerras que marcaron o século XX. |