Textos críticos |
Roland Limacher recrea na novela Chatarra o mundo da adolescencia, o abandono da infancia, o
enfrontamento ás normas sociais, a amizade. Xil, o protagonista, está a piques de remata-lo
curso. Ve como o seu corpo e a súa mente están a cambiar. O verán depáralle novas amizades e
experiencias que o van afastando da nenez.
Recensións:
-Xavier Castro R., “Amigos nun vello Cadillac”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 3 agosto 1997, p. VII.
Comenta a aparición da colección “Docexvintedous” da Editorial Sotelo Blanco. Recolle que o obxectivo
principal é “ocupar un importante lugar dentro da narrativa xuvenil”, ofrecendo productos do interese do
público ó que vai dirixida. Describe o contido de Chatarra, obra de Roland Limacher incluída na devandita
colección. Louva o traballo do autor alemán polo seu carácter innovador e diferente, e por non caer no
didactismo. |