Título | Negras sombras. Antoloxía do relato policial |
---|---|
Autoras/es Nome | Esther Pérez Fernández Helena González Ferreiro |
Publicacións | [Negras sombras. Antoloxía do relato policial] |
Ilustracións | |
Xénero | LIT_Narrativa_Relatos |
Lingua | Galego - glg |
Direccionalidade | Sen mención |
Ano | 1997 |
Edición | monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Encadernación rústica, 21x14 cm, 172 p. |
Obra completa, Antoloxía | Antoloxía do relato policial de Dashiell Hammett et al. |
Tipo de edición | 1ª edición |
ISBN | 84-8288-141-8 |
Lugar de edición: editora, colección | Vigo: Editorial Galaxia, Col. Costa oeste, nº 5 |
Localización e signatura | C. Superior Bibliográfico de Galicia 060534 |
Fonte | Viceversa |
Soporte | papel |
Introdución e notas | |
Textos críticos | O libro ábrese cunha presentación na que se fai unha breve análise do relato policial nos anos 30, 40 e 50 e dos autores característicos do xénero. Contén sete relatos do xénero negro traducidos ó galego: “O anxo do segundo andar”, de Dashiell Hammett, no que a ladroa Grace o anxo se introduce no cuarto dun escritor para lle inspirar un relato; “Estarei agardando”, de Raymond Chandler, relata cómo o personaxe Tony Reseck intenta axudar a miss Gressy e á persoa que agardaba no Windermere hotel; “Un home de palabra”, de Damon Runyon, quen conta a historia de Samuel o Pés, coñecido por ese nome por ter uns pés fóra do común; “O home na rúa”, de Georges Simenon, relato no que o inspector Maigret investiga o crime de Bagatelle; “Os cans, o desexo e a morte”, de Boris Vian, no que un taxista narra en primeira persoa a súa estraña relación con Slacks, unha cantante dun club nocturno de Nova York; “Un día gañado”, de Graham Greene, estraño relato no que un home segue a outro sen coñecelo de nada; “A prostituta autorizada ou a esposa”, de Patricia Highsmith, conta a historia de Sarah, casada pero con varios amantes, quen conseguiu a morte do seu home para se converter na viúva alegre; “Miña é a vinganza S.A.”, de Roald Dahl, relato no que o personaxe protagonista conta cómo se lle ocorreu formar a organización “Miña é a vinganza S.A.” que ofrece os seus servicios á xente rica para vingarse das aldraxes publicadas nos xornais. Recensións: -M. Blanco Rivas, “Os mellores autores da novela negra”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 30, 1 novembro 1997, p. 7. Logo de facer unha serie de comentarios sobre as orixes da novela negra e da súa introdución en Europa, refírese ó libro Negras Sombras, unha publicación que, segundo o seu criterio, presenta nunha coidada edición relatos dos autores máis representativos do xénero negro, mediante os cales o lector poderá introducirse no mundo da novela negra. -Manuel Darriba, “Moi escuras paisaxes”, El Progreso, “Táboa Redonda”, Segunda Época, nº 55, 6 decembro 1997, p. III. Referencia á compilación de “relatos negros” que Galaxia vén de publicar dentro da súa colección xuvenil Costa Oeste, baixo o título Negras sombras. Informa de que se trata dunha antoloxía que lle dá un xiro ascendente á mencionada colección e que recolle relatos de “primeiras plumas”, como é o caso de Raymond Chandler, Georges Simenon, Graham Greene, Patricia Highsmith, Roal Dahl, Dashiell Hammet, Boris Vian e Damon Runyon. De forma breve comenta cada un dos relatos destes autores integrados na antoloxía. Referencias varias: X. G. G., “As oportunidades perdidas”, A Nosa Terra, nº 808, “Guieiro Cultural”, 11 decembro 1997, 18. A publicación de Negras sombras, unha escolma de relato policial negro vertida ó galego, sérvelle ó crítico para facer unha serie de puntualizacións respecto deste xénero, das correntes e dos autores que o representan; a súa diferencia de opinión respecto ó estudio feito no prólogo e a selección de obras fai que considere a edición unha oportunidade perdida para poñer en contacto ó lector galego con esta literatura. |
Premio(s) | |
Observacións | |
Ficheiros |