Traducións
Título Capital da dor
Autoras/es Nome  Helena González Fernández
 Laurence Brault
Publicacións  Capitale de la douleur
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Sen mención
Ano  1997
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, 140 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-89814-08-2
Lugar de edición: editora, colección  A Coruña: Editorial Espiral Maior, Col. Poesía, nº 57
Localización e signatura   BUV, FFT 869.9=03 ELU cap
Fonte  Viceversa; BUV-Libro
Soporte  papel
Introdución e notas  
Textos críticos   - Laurence Brault e Helena González Fernández, “Capital da dor: traducir é facer do lector un cómplice”, Viceversa, nº 3, “Traduccións xustificadas”, 1997, pp. 113-118. Comezan explicando cómo naceu a idea de traducir a Eluard. A seguir expoñen as causas polas que o resultado do seu labor vai ter poucos lectores. Cren coñece-las características do lector-tipo dunha obra como esta e, pensando nel, foi cómo decidiron a clase de traducción: o máis fiel posible ó orixinal, sen intentar dar explicacións. Comparan a súa versión coa catalana e coa española. Rematan comentando algúns xogos de palabras que lles deron problemas. O artigo está dedicado á memoria do finado Camilo Flores, profesor e traductor. -Ana Luna Alonso, “Capital da dor”, Viceversa, nº 3, “Críticas e recensións”, 1997, pp. 147-151. Comenta a versión galega de Capital da dor, de Paul Eluard, publicada setenta anos despois da aparición do orixinal francés. Sitúa este libro dentro da época máis pesimista do poeta. A seguir, explica a estructura da obra, a cal se divide en catro partes (“Repeticións”, “Morrer de non morrer”, “Os pequenos xustos” e “Novos poemas”) das que sinala as liñas fundamentais. Dáse conta de que a obra está dedicada a Gala (Helena Diankova, esposa do autor) e moitos dos seus poemas a outras figuras senlleiras como Picasso, Braque ou Masson. Ana Luna agradece o feito de que a edición sexa bilingüe e empraza a Eluard entre os clásicos da literatura francesa. Lémbranos tamén que no libro se informa doutras traduccións deste autor ó galego. Aproveita para falar da dificultade intrínseca de verquer poesía a outra lingua e tamén para gaba-lo traballo realizado polas traductoras: Helena González e Laurence Brault. -Xavier Castro R., “Capital da lírica e da dor”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 16 novembro 1997, p. VIII. Comeza salientando o inmenso labor que está levando a cabo Espiral Maior na súa colección “Poesía”, baixo a dirección de Miguel Anxo Fernán-Vello, para ofrece-las mellores achegas líricas tanto de dentro coma de fóra de Galicia. Presenta a continuación unha serie de comentarios sobre Paul Eluard e a súa obra, Capital da dor e sinala que se trata dun libro composto por unha serie de poemas publicados en tiradas moi pequenas e, que entre outros fins, pretendían ser unha homenaxe cara a un tempo, cara ós seus contemporáneos.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros