Traducións
Título Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron
Autoras/es Nome  Eduardo Alonso
 Manuel Guede Oliva
Publicacións  Lisistrata (Λυσιστράτη)
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Sen mención
Ano  1997
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas   il., fot. ; 24 cm, 251 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-453-1873-X
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Instituto Galega das Artes Escénica,
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 ARI lis
Fonte  Viceversa
Soporte  papel
Introdución e notas  
Textos críticos   -M. Quintáns S., “Unha obra de Aristófanes representada en galego”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 31 agosto 1997, p. VII. Descríbese o contido do libro e sublíñase o dominio da lingua e recursos propios da literatura dramática. Ademais de comentar que a adaptación conta con moitos méritos, Quintáns considera “unha redundancia inxustificable” xustifica-la oportunidade de representar un clásico atendendo á actualidade da súa mensaxe. Para o recensionista esta versión de Aristófanes é “claramente desconfiada na eficacia actual do autor grego” e resulta abondo difícil de entender que o resultado respecte o sentido antifeminista da obra de Aristófanes ou, no caso da “fantasía bretchiana” que a xente que aplauda ó xeneral Toromelo Bandeiras estea recluída nun manicomio. -Aníbal C. Malvar, “O que me critican os supostos entendidos é a falta de pedantería”, El Mundo, “Galicia”, 28 xaneiro 1997, p. 7. Eduardo Alonso responde nesta entrevista a preguntas relacionadas coa obra Lisístrata, e afirma que os clásicos son sempre actuais. Destaca o carácter antibelicista e uns valores, como o amor ou a solidariedade “para resolve-los conflictos máis asociados ó feminismo”. Ante as cuestións sobre a súa criticada falta de rigor á hora de tratar os clásicos, Eduardo Alonso reivindica o subxectivismo e a necesidade de “dicir o que me dea a gana a través dos mecanismos que me dea a gana”, e ante as críticas cara ás súas montaxes, responde que en comparación con outros centros dramáticos as deste son máis baratas. A continuación fala do importante papel do público, necesario para a comunicación teatral, e do labor que está a desenvolve-lo actual director do CDG, louvando a creación dunha compañía estable. -V. Postas en escena, Centro Dramático Galego: Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron.
Premio(s)  
Observacións  15 personaxes Esta obra foi estreada na cidade da Coruña, no Teatro Rosalia de Castro, o día 24 de xaneiro de 1997.
Ficheiros