| Título | As iluminacións |
|---|---|
| Autoras/es Nome | Oriana Méndez Tamara Andrés |
| Publicacións | Iluminations |
| Ilustracións | Miguel Galano |
| Xénero | LIT_Poesía |
| Lingua | Galego - glg |
| Direccionalidade | Directa |
| Ano | 2023 |
| Edición | bilingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Capa branda, 14,5 x 21 cm, 128 p. |
| Obra completa, Antoloxía | obra completa |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | 978-84-19213-46-4 |
| Lugar de edición: editora, colección | Pontevedra: Kalandraka, Col. Tambo |
| Localización e signatura | BUV FFT 869.9=03 RIM ill |
| Fonte | |
| Soporte | |
| Introdución e notas | |
| Textos críticos | Entrevista: Carballa, Xan. 11/10/2024. «Oriana Méndez: ir máis alá na literatura». Nós Diario [en liña]: https://www.nosdiario.gal/articulo/entrevistas/oriana-mendez-ir-mais-ala-literatura/20241011141527208499.html [Data de consulta: 11/01/2026] |
| Premio(s) | XXII Premio de Tradución Plácido Castro 2023 |
| Observacións | O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu "Une saison en enfer". Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de "Les Illuminations", escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da "Beat Generation". Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera; traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero. |
| Ficheiros |