Textos críticos |
-Xosé Manuel Freire, “Unha aventura engaiolante”, Guía dos libros novos, nº 12, “Narrativa”, outubro 1999, p.
22.
Primeiramente, cóntase a historia de O Galeón das Illas Cíes baseada no acontecido na batalla de Rande. Faise
referencia a varios trazos salientables da novela –a mestura de dúas historias para transmiti-la carga de aventuras, a meditación da acción, introducción da política e ecoloxismo cun debate entre os personaxes– e á
finalidade de cada un. Resalta a maneira empregada polo autor para atrae-la atención do lectorado ó entrelazar
varias accións e sucesos, dos que dá novas, e o feito de ser narrada de forma sinxela e directa. |