Observacións |
No rexistro da BNE indícase: " Texto en inglés y traducción en gallego".
Resumo: Co tempo como eixo central, cada un destes cuartetos remite a un lugar simbólico na memoria vital e espiritual do poeta e os catro constitúen unha longa viaxe polas orixes e a noción de fogar, polas vivencias da infancia como alicerce dun ámbito redentor e pola historia civil e relixiosa que marcan o Eliot da madurez. Sen buscar emocións novas, senón coas comúns, e xuntando a complexidade de pensamento coa gracilidade das imaxes, o resultado é unha obra monumental. Esta edición bilingüe en inglés e galego achega por fin a obra de quen foi “unha referencia central, indiscutíbel, do canon do modernismo anglófono e un dos grandes fitos da poesía moderna" (Martín Veiga). |