Traducións
Título As consecuencias da vella historia
Autoras/es Nome  Alfonso Blanco
Publicacións  Αι συνέπεια της παλαιάς ιστορίας [Ai sinepeiai tis palaias istorias]
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2021
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 97 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-123933-3-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Hugin e Mugin, Col. XIX
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 VIZ sin
Fonte  BNE, BUV, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  III Premio Realia de Tradución Literaria (https://huginemunin.gal/2021/09/24/resolto-o-iii-premio-realia-de-traducion/, data de consulta: 23/11/24)
Observacións  Resumo: "A novela breve As consecuencias da vella historia (1884) aborda, dende unha perspectiva até certo punto romántica, os desequilibrios que unha paixón amorosa insatisfeita pode provocar no espírito, ao tempo que ofrece unha descrición do sufrimento psíquico capaz de acadar cotas febrís. Trata así mesmo cuestións relativas á confusión de identidades e ao desdobramento da realidade, e pon de relevo o destacado papel da cultura alemá na formación da intelectualidade do Estado grego independizado do Imperio Otomán en 1830. En vida do autor, non recibiu nin a atención nin o recoñecemento que si lle chegarían anos despois, un feito en parte motivado pola defensa activa feita por Georgios Viziinos da variante idiomática de corte purista coñecida como katharévousa, que perdeu a batalla contra a popular, o grego demótico. Houbo ademais outros dous factores que operaron na súa contra: o primeiro, que non fose ningún entusiasta do militarismo e do nacionalismo gregos; o segundo, que ás veces os seus textos pecaban de complexos e unha miga eruditos. Como obra de ficción, no marco da narrativa grega contemporánea, considérase relevante e orixinal, unha valoración que tamén se acabou facendo do autor décadas despois da súa morte." (https://huginemunin.gal/produto/as-consecuencias-da-vella-historia/, data de consulta: 23/11/24) Dispoñibles na web da editora tamén cuberta e extracto do libro. Na web da editora consta como colección "Principal", mais nas bibliotecas consultadas indícase "colección XIX".
Ficheiros