Traducións
Título Schlumpf, Erwin: homicidio
Autoras/es Nome  Laureano Xoaquín Araujo Cardalda
Publicacións  Wachtmeister Studer [Schlumpf Erwin Mord]
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  21 cm, 215 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  2ª edición
ISBN  978-84-8487-619-9
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, Col. Narrativa, 425
Localización e signatura  BUSC Fondo Galicia GA 28166
Fonte  BUSC, CRBPG, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  Tradución, posfacio e notas de Laureano Araujo
Textos críticos  
Premio(s)  Obra gañadora do XIX Premio de Tradución Plácido Castro (2021)
Observacións  A primeira edición desta tradución publicouse en Bivir - Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Dispoñible tamén en e-book (ISBN 978-84-8487-620-5). Subtítulo na cuberta: "O sarxento Studer". Descrición na web da editora: "O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular. Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos. Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives. En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente «a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego», e tamén «o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra»". (https://laiovento.gal/CATALOGO/1227/SCHLUMPF--ERWIN_-HOMICIDIO.html, data de consulta: 10/03/2025).
Ficheiros