Traducións
Título Un compromiso co asombro
Autoras/es Nome  Estíbaliz Espinosa
Publicacións  A Responsibility to Awe
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  22 cm, 137 p.
Obra completa, Antoloxía  Selección póstuma de poemas e textos
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-1176-141-3
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Editorial Galaxia, Col. Dombate 114
Localización e signatura  BUSC Biblioteca Xeral Fondo Galicia GA 28560
Fonte  BNE, BUSC
Soporte  Papel
Introdución e notas  Limiar, tradución e notas: Estíbaliz Espinosa.
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Nota no rexistro da BNE: "Texto en gallego y paralelo en inglés"Resumo: Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única dunha voz sutil como materia escura, Elson gravita con perspicaz elegancia pola enfermidade, o espazo exterior e o íntimo, e déixanos un legado polímata: a física e o poema apelan por igual á nena que somos. Se somos o que lemos, somos aínda máis o que nos asombra ler. E nós, humanas e galegas, temos un compromiso pode que rosaliano co asombro. Información na web da editora sobre a autora e a tradución, a primeira na península Ibérica dela: " Rebecca Elson (Montreal, 1960-Cambridge, 1999). Formouse como astrofísica e traballou en Australia e na Universidade de Cambridge. Outra das súas paixóns, a poesía, viu a luz en A Responsibility to Awe, publicado postumamente grazas ao seu viúvo Angelo di Cintio e Anne Berkeley, que contén este poemario, así como unha compilación de notas líricas e a breve autobiografía Das pedras ás estrelas. Esta é a primeira tradución na Península dunha autora que irmandou de xeito natural a ciencia e a poesía na obra, na vida." (https://editorialgalaxia.gal/produto/un-compromiso-co-asombro/, data de consulta: 14/03/2025).
Ficheiros