| Observacións |
Idade lectora: máis de 15 anos.
Na cuberta consta o nome da tradutora coa seguinte indicación: "Tradución do grego clásico, introdución e notas de Iria Pedreira Sanjurjo".
Dispoñible na web da editora un extracto do libro que contén a introdución da tradutora. Desta introdución recollemos as notas sobre a tradución: "Dado que o teatro irreverente de Aristófanes se constrúe so-bre un estilo e un rexistro de lingua completamente afasta-dos do que hoxe en día se entendería por corrección política, nesta nova tradución ó galego intentouse manter ese espírito, renunciando a expresións eufemísticas que puidesen mo-dificar ou deturpar a desinhibición dos termos empregados polo autor. Si se modifica, coma en moitas das traducións xa existentes, a composición formal en verso, que pasa a prosa tamén nesta edición, aínda que no texto se sinala entre cor-chetes a correspondencia cos versos do orixinal.É f recuente ver nalgunhas edicións de Lisístrata unha adaptación das diferenzas dialectais entre os antigos ate-nienses e espartanos, das que tamén se valía Aristófanes para crear situacións de comicidade. Por exemplo, algunhas edi-cións con tradución ó castelán optan por marcar as diferenzas entre os dialectos gregos falados polos personaxes recorren-do a unha aproximación recoñecible para o público español de hoxe en día e, por este motivo, adóitase representar a lin-gua dos atenienses cunha variedade do castelán estándar mentres que a dos espartanos se configura coas variedades dialectais andaluzas. Porén, nesta tradución decidiuse non explotar este recurso, para non incidir en estereotipos socio-lingüísticos que poderían resultar problemáticos, e coa plena convicción de que o texto aristofánico non precisa disto para manter practicamente intacta a súa comicidade en galego." (extraído de: https://rinoceronte.gal/sushibooks/wp-content/uploads/2024/05/MAQ_Lisistrata_mostra.pdf; data de consulta: 10/01/2026)
Tamén publicado en formato e-Pub (ISBN: 978-84-10219-57-1) |