| Título | Ruínas (desgrazas de tres vidas exemplares) |
|---|---|
| Autoras/es Nome | María Rey X. Amancio Liñares Giraut |
| Publicacións | Ruinas |
| Ilustracións | |
| Xénero | LIT_Narrativa_Novela |
| Lingua | Galego - glg |
| Direccionalidade | Directa |
| Ano | 2024 |
| Edición | monolingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | 21 cm, 81 p. |
| Obra completa, Antoloxía | Obra completa |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | 978-84-10324-52-7 |
| Lugar de edición: editora, colección | A Coruña: Medulia Editorial, Col. Tradución |
| Localización e signatura | BUSC Bib. Xeral GA 49368 |
| Fonte | BNE, BUSC |
| Soporte | Papel |
| Introdución e notas | Presentación de Valentín García Gómez, Secretario Xeral da Lingua, Xunta de Galicia, e limiar de Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro. |
| Textos críticos | |
| Premio(s) | |
| Observacións | Constan os nomes dos tradutores na cuberta. Resumo: "Resumo: Esta novela reflicte en espello tres arquetipos da sociedade do Antigo Réxime que, ante a chegada dos novos tempos e a preponderancia da burguesía adiñeirada, representan o esmorecemento dos xeitos de vida e da escala de valores de épocas pretéritas. Dona Isabel é unha vella solteirona, póla caída dunha casa egrexia a quen as adversidades e as mudanzas dos tempos deixaron soamente a lembranza das súas glorias, as súas pedras de armas e as poucas fanegas de terra que malamente poden constituir un vencello mesquiño. Pola súa banda, Don Braulio comparece como "un comerciante que, poderoso noutrora, fora descendendo á présa á miseria polas súas incesantes prodigalidades, e que, mantido de esmola por un antigo criado seu, vivía daquela nunha especie de rateira con bufarda, onde adoitaba pasar as horas filosofando tranquilamente, como se aínda estivese nos seus salóns cubertos de alfombras e de espellos de Venecia". Da súa parte, Montenegro figura caracterizado como "un mozo alto, fraco, louro coma o ouro, de nariz cabalar coma o fidalgo da Mancha, de cabeleira blonda e de barba longa e encrechada ao estilo do antigo trobador. Puidera dicirse un cabaleiro do século XVII, arrincado da súa tumba." Eles tres son as ruínas viventes que protagonizan estas páxinas, relato alegórico que enfronta a caducidade dos seus xeitos de vida de estrafalaria gloria ultrapasada coa validez perenne dos valores éticos que, noutro sentido, representan." (Extraído do rexistro do CRBPG: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=2153583) |
| Ficheiros |