Traducións
Título Luceiro da mañá
Autoras/es Nome  María Isabel Soto López
Publicacións  Stella mattutina
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 119 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-126007-7-3
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Hugin e Munin, Col. XX
Localización e signatura  BUV Central Ourense OUR Espazo Violeta N 821.134.4 /643
Fonte  BNE
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Resumo: «Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica. Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre no entanto coa presenza dun eu e se achega á técnica do fluxo de conciencia. Deste xeito, mediante a suma de unidades narrativas, vaise plasmando a realidade de Dinin: as súas orixes humildes, a vida na portaría na que medra, os xogos no Xardín do Tempo, a chegada da menstruación ou a toma de conciencia da vocación poética, ao tempo que se exalta a relación con múltiples elementos da natureza (o sol, as árbores, as flores…) cos que a protagonista mantén un diálogo íntimo. Ademais, a autora conxuga o seu presente co pasado remoto da avoa e, sobre todo, co da nai, Vittoria, unha obreira explotada nunha fábrica á que a miseria obrigou a renunciar a un fillo por non poder mantelo na casa e, emporiso, caracterizada pola súa alegría vital. A cativa que observa e reflexiona converterase máis adiante nunha moza que traballará como mestra. Con aparente sinxeleza, mediante frases que semellan anotacións e sen artificios retóricos, plásmanse feitos cotiáns, o visto e o sentido, os misterios da infancia, as primeiras preguntas, a precoz madureza e a curiosidade innata da rapaza, a súa avidez pola lectura ou a indignación ante a miseria e a desigualdade.» (Extraído de: https://huginemunin.gal/produto/luceiro-da-mana/)
Ficheiros