Traducións
Título Lady Susan
Autoras/es Nome  Alejandro Tobar Salazar
Publicacións  Lady Susan
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 149 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-128075-2-3
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin, Col. XIX, 100
Localización e signatura  BUSC FFT 869.9=03 AUS lad
Fonte  BUSC, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Resumo: «Tras o pasamento de Frederic Vernon, lady Susan, a súa viúva, unha muller distinguida e fermosa mais tamén egoísta e intrigante, encomeza a artimañar á busca dun novo marido, quer para ela, quer para a súa filla de dezaseis anos, Frederica. Coa complicidade, os consellos e a axuda puntual da súa amiga Alicia Johnson irá dando conta epistolar de cada un dos seus pasos e estrataxemas cas de Charles e Catherine Vernon, os seus cuñados. Á súa vez, esta última, en cartas cruzadas cos seus pais e co seu irmán Reginald (paulatina e perigosamente próximo a lady Susan), achega unha versión ben distinta das distintas peripecias. Ao longo das máis de corenta cartas que intercambian, sobre todo, os De Courcy e os Vernon, Jane Austen subverte nesta enxeñosa e retranqueira obra de xuventude os códigos da novela romántica, cunha protagonista manipuladora e capaz de subxugar a quen se lle poña por diante para acadar un status vantaxoso. "Lady Susan" publicouse en 1871, medio século longo despois de morrer Jane Austen e por decisión dun sobriño; con todo, é probable que a súa escrita date de finais do século XVIII. Por estilo e contido, anticipa os trazos que farían célebre a brillante autora inglesa no Reino Unido e en todo o mundo.»
Ficheiros