Traducións
Título Los ecos del viento
Autoras/es Nome  Antonio García Teijeiro
Publicacións  Os ecos do vento
Ilustracións  Noemí Villamuza
Xénero  LIT_Poesía_LIX
Lingua  Español - es
Direccionalidade  Directa
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  9788413432823
Lugar de edición: editora, colección  Pontevedra: Kalandraka. Col. Poesía Ilustrada
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Doce poemas de Antonio García Teijeiro dedicados a doce creadoras, poetas ou narradoras de diferentes xeracións e de ambos os lados do Atlántico, ilustrados coa sensibilidade de Noemi Villamuza. Empapado na obra das escritoras ás que están dedicados estes poemas, os versos de Antonio García Teijeiro fluíron dende a emoción e a admiración. Son composicións que, tanto co clasicismo da rima como a través da métrica libre, destacan polo ritmo e a musicalidade, o ton luminoso e o canto á beleza. As súas destinatarias son mulleres de distintas xeracións, estilos literarios e procedencias a ambos os lados do Atlántico: as uruguaias Juana de Ibarborou e Mercedes Calvo, as chilenas Gabriela Mistral e María José Ferrada, as arxentinas María Elena Walsh, María Cristina Ramos, Cecilia Pisos, María Teresa Andruetto e Laura Devetach, e finalmente a gran Rosalía de Castro, a inesquecible Gloria Fuertes e unha das principais expoñentes do actual panorama das letras no plano estatal, Beatriz Giménez de Ory. Son creadoras, poetas ou narradoras con moito arraigamento nos seus respectivos países e con recoñecementos importantes: dende unha Premio Nobel ata unha Medalla Hans Christian Andersen, pasando polo Premio Hispanoamericano de Poesía para Nenos que recibiron algunhas delas. Noemí Villamuza acompaña estas ofrendas líricas con ilustracións sensibles e suxestivas, de liñas bosquexadas e suaves pinceladas de cor. A figura feminina —representada en todas as etapas vitais— é a protagonista dunhas imaxes dinámicas, lúdicas e expresivas onde as protagonistas xogan, danzan e soñan ao paso do tempo.
Ficheiros