Traducións
Título A herdanza Ferramonti
Autoras/es Nome  María Isabel Soto López
Publicacións  L'eredità Ferramonti
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 251 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-128075-3-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin, Col. XIX, 101
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 CHE ere
Fonte  BNE, BUV
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  XXIII Premio de Tradución Plácido Castro (2024)
Observacións  Resumo: «Esta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, publicouse por vez primeira en 1883 na revista Cronaca Bizantina. O autor participa da estética do verismo, ao se inspirar na realidade para retratar os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social e a respectabilidade. De feito, a obra apareceu ao tempo que saltaba á esfera pública o soado escándalo da Banca Romana, isto é, o primeiro gran caso de corrupción político-financeira en Italia. A historia percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis novos para conseguir a herdanza do patriarca. Ambientada nas rúas do centro histórico de Roma, pinta un mundo no que se impoñen a falta de escrúpulos, a especulación bolsista, a hipocrisía e todo tipo de intrigas. Porén, a auténtica protagonista é Irene, nora do ancián Ferramonti, dotada dunha personalidade afastada do modelo de muller da literatura burguesa do XIX. Intelixente, autónoma, sedutora e experta nos negocios, logra impoñer o seu parecer nun contorno masculino, foxe da maternidade e da culpa, e móstrase capaz de agardar o tempo que faga falla para levar a cabo a súa vinganza. Concibida dende unha perspectiva obxectiva e impersoal, a novela apóiase no carácter sentencioso das intervencións da instancia narradora, na dimensión coral que lle outorga a irrupción da óptica dos distintos personaxes e no uso do discurso indirecto libre. A herdanza Ferramonti conta cunha adaptación cinematográfica (1976) que recibiu o aplauso do público.» (Extraído de: https://huginemunin.gal/produto/a-herdanza-ferramonti)
Ficheiros