Traducións
Título Monsieur Maurice
Autoras/es Nome  Alejandro Tobar Salazar
Publicacións  Monsieur Maurice. A Novelette and Other Tales
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 117 p.
Obra completa, Antoloxía  Fragmento. Publicouse como parte dunha compilación de historias: "Monsieur Maurice. A new novelette, and Other Tales".
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-128075-5-4
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin, Col. XIX, 103
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 EDW mon
Fonte  BUV, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Na web da editora, como nome da colección consta "Colección Principal". Resumo: «A presente obra, publicada orixinalmente en 1873, está ambientada na Prusia posnapoleónica. A acción principal desenvólvese nun palacio rexio en Brühl, a onde por orde ministerial trasladan un prisioneiro para que fique baixo a custodia do coronel Bernhard, o novo intendente. A raíz dese feito, Gretchen, a filla única do mandatario, establece case de inmediato unha intensa relación afectiva co reo. A trama, que mantén o suspense até o final, xira por tanto ao redor da reclusión dun home de exquisitos modos e rico pasado cuxa identidade supón un enigma. No plano formal, a inclusión de suxestivos elementos de difícil explicación achegan a peza ao xénero gótico, cunha nena (súa é a voz narradora, se ben xa de anciá) erixida na táboa de salvación dun cabaleiro tan aflixido coma misterioso. Neste sentido, o contraste entre o pasado brillante de monsieur Maurice e o seu encarceramento palaciano non fai senón acentuar ese aspecto. A pesar de que a obra figura en diversas antoloxías como ghost-story inglesa, parece conveniente lela máis como unha historia psicolóxica de devoción e namoro infantil, e non tanto como unha novela curta de terror ou pantasmas. Narrada cun estilo depurado e dotada dunha moi atractiva carga histórica, cóntase entre o mellor da produción literaria da prolífica Amelia B. Edwards.»
Ficheiros