Traducións
Título Canta xente se necesita...?
Autoras/es Nome  Manuela Rodríguez
Publicacións  Quanta gent es necessita?
Ilustracións  Anna Font
Xénero  LIT_Narrativa_Relato_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Sen mención
Ano  2024
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  31 cm, principalmente il. cor, 32 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-1343-292-2
Lugar de edición: editora, colección  Pontevedra: Kalandraka, Col. Libros para soñar
Localización e signatura  CRBPG
Fonte  BNE
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Na web de Kalandraka indícase como colección "Obras de autor/a". Idade recomendada: a partir de 3 anos. Resumo: Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade. Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas quenos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia. A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións queaquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!
Ficheiros