Textos críticos |
- Manuel Darriba, “Kalandraka e SM lanzan obras ‘infantís’ aptas para o lector adulto”, El Progreso, “Cultura-Sociedad”, 10 decembro 2000, p. 75.
Salienta á saída á luz da traducción ao galego de Machines, de ChloéPoizat, publicada por Kalandraka. Informa da temática, o cuestionamento co absurdo dos comportamentos e usos lingüísticos dos humanos, do carácter explicativo dos pés textuais que acompañan ás ilustracións, do uso do collaxe en clave de humor nos debuxos, do formato do volume e da existencia de dúas lecturas segundo o lectorado, adulto ou infantil. Destaca a temática e a dobre interpretación da lectura de La Composición, de Antonio Skármeta, e de Verdadeira historia do perro Salomón, de Javier Serrano, así como o realismo do primeiro e a inspiración velazqueña dos debuxos do segundo. |