La traducción literaria. Nuevas investigaciones.

Comares Col.: Interlingua, Granada.
ISBN: 978-84-9045-325-4

 

Esta obra presenta unha parte da investigación sobre tradución literaria en España no período 1980-2015. Nela trátanse aspectos teóricos e instrumentais da tradución en ámbito institucional e académico; analízanse os seus recentes fluxos nos principais campos literarios ibéricos e preséntanse estudos de caso escolmados por xénero literario (novela negra, literatura de xénero poscolonial, narrativa infantil e xuvenil, poesía e teatro en ámbito ibérico.

Detállanse os marcos teóricos dos máis recentes proxectos de investigación sobre tradución literaria en España, así como as ferramentas telemáticas (bases de datos, bibliotecas dixitais, catálogos etc.) desenvolvidas nestas investigacións. Ofrécese, alén diso, un diagnóstico das axudas á tradución e analízase a incidencia das feiras internacionais como lugar de negociación de traducións literarias. Dado que ningún intercambio cultural é posible sen mediación persoal, figura unha galería de tradutores e tradutoras das culturas españolas. Así mesmo, analízanse os fluxos de tradución literaria ao español, e desde e cara ao catalán, o éuscaro e mais o galego.

Este retrato teórico, instrumental e académico da tradución literaria en España identifica os axentes (mediadores e políticas), analiza as relacións intersistémicas (ámbito autonómico e estatal) ademais amosa outros resultados de investigación.

 

PRENSA

 

RESEÑAS

  • Madrygal n.º 20
  • Boletín Galego de Literatura
  • Transfer
  • Hermeneus
  • Grial
  • Quaderns. Revista de Traducció (2016) n.º 24
  • Trans

Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega

Luna Alonso, Ana; Fernández Rodríguez, Áurea; Galanes Santos, Iolanda; Montero Küpper, Silvia (eds.) (2015): Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Peter Lang. Col.: Relaciones literarias en el Ámbito Hispánico – Vol. 11, Bern, Berlin, Bruxelles, Frankfurt am Main, New York, Oxford, Wien\n\nISBN: 978-3-0343-1487-9

 

Este estudo do grupo BITRAGA completa a análise sobre os fluxos de tradución iniciado nesta colección (Traducción de una cultura emergente, Peter Lang 2012).

Aborda a importación da literatura estranxeira e a súa incidencia na cultura receptora. A partir dos datos do Catálogo da Tradución Galega analízanse as obras, os xéneros, as autorías, as combinacións lingüísticas, así como as medidas institucionais de apoio, o comportamento das persoas que traducen e as tendencias históricas do fenómeno tradutivo. Os datos constrúen a reflexión tradutolóxica e contribúen a ponderar a importancia da literatura estranxeira no desenvolvemento dunha cultura en pé de igualdade coa creación. Deste modo, o ensaio científico conxuga o enfoque traductolóxico co da crítica literaria.

O estudo das prácticas de importación permite visibilizar as estratexias mediante as cales determinadas culturas ofrecen certa resistencia á hexemonía do mercado. O volume pecha así un círculo no que se avalía de forma cuantitativa e cualitativa a incidencia que tiveron os intercambios literarios na fase de consolidación da literatura galega contemporánea.

 

PRENSA

 

  • Besadio, D., “A literatura galega traducida a outros idiomas supera xa os 1.500 títulos”, El Correo Gallego, “Tendencias. Ciencia. Cultura. Ocio”, 28 xaneiro 2016, p. 40.

Destácase a ampliación que o sector da tradución das obras galegas coñeceu nos últimos anos, tal e como reflicten os estudos do grupo Bitraga, un equipo de investigación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Así mesmo, tamén se indica que é moi positiva a tradución ao galego dos premios Nobel e das obras de autores menos coñecidos, aínda que se constata a maior dependencia de importación literaria dende linguas como o español, o inglés e o francés.

 

  • C.R., “A literatura galega traducida supera os 1.500 libros”, Atlántico Diario/ La Región, “Universitas”, 4 febreiro 2016, p. 3.

Comenta que a literatura galega traducida está en expansión e recolle algunhas das linguas nas que se poden atopar obras galegas, como kurdo, búlgaro, turco, macedonio ou sueco. Destaca os datos positivos do sector e tamén do número de obras estranxeiras que chegan a ver a luz traducidas ao galego.

 

RECENSIÓNS

 

  • Bárbara Álvarez Fernández, “Reflexións sobre o fenómeno da tradución”, Grial, nº 208, “O espello das letras”, outubro, novembro, decembro, 2015, p. 98.

Destácase que a obra analiza a incidencia das traducións na etapa de consolidación da lingua galega e o lugar que ocupa a tradución literaria contemporánea no sistema cultural galego. Infórmase de que a obra consta de dez capítulos dispostos en dous grandes bloques que inclúen un marco teórico e metodolóxico, un percorrido histórico e cultural polos estadios da lingua galega e do sector editorial galego e da tradución, destacando as culturas dende as que se importa, o público e os xéneros traducidos e incluíndo tamén propostas e reflexións sobre as políticas de tradución.

 

  • Carmen Ferreira, “Tradución literaria ao galego”, El Correo Gallego, “2domingo”,“Literatura Infantil e Xuvenil”, “ELOS de lectura”, 22 novembro 2015, p. 6.

Tras reparar na relevancia da tradución no proceso de normalización lingüística e na visibilización de creadores e creadoras en literaturas alleas á propia, saliéntase o traballo do grupo BITRAGA da Universidade de Vigo, coordinado por Ana Luna Alonso, que na monografia Literaturas extranjeras y desarrollo cultural analizan en dez estudos a transferencia de traducións á literatura galega dende inicios dos anos oitenta do século XX. Destácase o estudo de Isabel Mociño, que se centra na importación de traducións á literatura galega para os máis novos e que analiza algunhas das principais vías seguidas nesta literatura para a incorporación de obras doutros sistemas literários, como foron as coedicións e multiedicións, as autotraducións e a importación de clásicos universais,  reparando no papel exercido por editoriais como Kalandraka Editora e OQO e na incidencia de premios literarios.

 

  • Verónica Pousada Pardo, “Luna, Alonso, Á. Fernández Rodríguez, I. Galanes Santos e Montero Küpper (2015). Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega”, Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (AILIJ), n.º 13, “Libros reseñados”, 2015, pp. 191-193.

 

  • Álvarez Pérez, Mónica, “LIBROS. ‘Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil’, editado por Ana Luna Alonso e Silvia Montero Küpper”, El Correo Gallego, “Tendencias”, “Literatura Infantil e Xuvenil”, “Para coñecela +. 2000”, 11 febreiro 2015, p. 42.

Descríbese esta monografía que publicou a Universidade de Vigo na colección “Tradución&Paratradución” no ano 2006. Destácase a estrutura en tres bloques temáticos principais: o primeiro, “Política editorial de Literatura infantil e xuvenil e tradución”, presenta reflexións ao redor das políticas editoriais sobre a tradución de Literatura Infantil e Xuvenil en todo o Estado español; no segundo, intitulado “Escribir e traducir(se)”, diversos autores galegos presentan as súas achegas sobre a tradución de Literatura Infantil e Xuvenil; e, finalmente, o terceiro, “Comportamentos tradutivos e paratradutivos”, versa sobre as diferenzas e similitudes do proceso tradutivo de textos infanto-xuvenís en diversas linguas.

Traducción de una cultura emergente. La literatura gallega contemporánea en el exterior.

Luna Alonso, Ana; Fernández Rodríguez, Áurea; Galanes Santos, Iolanda; Montero Küpper, Silvia (eds.) (2012): Traducción de una cultura emergente. La literatura gallega contemporánea en el exterior. Peter Lang. Col.: Relaciones literarias en el Ámbito Hispánico – Vol. 7, Bern, Berlin, Bruxelles, Frankfurt am Main, New York, Oxford, Wien ISBN: 978-3-0343-0629-4

 

Nas tres últimas décadas a Traductoloxía centra a súa atención na relación entre culturas, representadas polos grandes sistemas literarios. Ao mesmo tempo, unha cultura minorizada case milenaria multiplica de xeito exponencial as súas relacións literarias mediante a tradución.

Nesta obra analízase a tradución na cultura galega dende un enfoque sociolóxico, determínase o papel dos actantes no proceso e aplícanse os conceptos de «actor-rede» e de «laboratorio». A relación enténdese como estratexia, resistencia, conflito, tensión e loita que as autoras identifican nunha cultura emerxente.

Na obra búscanse respostas a preguntas como: Como se promociona e distribúe a literatura galega no exterior? Cal é a súa acollida no estranxeiro? Como repercute na afirmación cultural? Máis alá de especulacións, as autoras precisan que queren medir, buscan os parámetros e deseñan como facelo. Preséntanas ferramentas de análise creadas ad hoc e analizan os datos a través de exemplos (laboratorio). Esta materia prima permite ofrecer unha información novidosa, fiable e con posibilidades de aplicación noutras culturas.

 

RECENSIÓNS

  • Viceversa. Revista Galega de Tradución, 18-19
  • Sendebar, 24
  • Transfer, VIII
  • Quaderns. Revista de Traducció, 21
  • Senez, 44
  • Madrygal, 16
  • Grial 196
  • Hermeneus
  • Trilcat, 3
  • Babel, 59
  • Verba, 41
  • Ikala, 18
  • Románica Olomucensia, 25:2
  • Cadernos de Tradução  
  • Rezensionszeitschrift Literaturubersetzung

Translation Quality Assessment Policies from Galicia

Bern, Berlin, Bruxelles,
Frankfurt am Main, New York, Oxford, Wien: Peter Lang,
ISBN: 9783035102109.
En: Peter Lang
En: Beck-Shop

 

Neste libro, que camiña desde Galicia e pasa polo resto de Europa e os Estados Unidos, as editoras centráronse en compilar algunhas das contribucións esenciais que abordan o control de calidade en tradución e as políticas de tradución editorial. O texto apóiase na práctica e na investigación tiradas tanto do ámbito profesional coma do académico.

Con este marco, analízanse as políticas de tradución desenvolvidas pola administración e as editoriais, de cuxa crítica ética, sociocultural e lingüística encárganse asociacións profesionais e investigadores e investigadoras. Esta diversidade disciplinar desvela que as políticas de calidade en tradución non están tan suxeitas a modelos establecidos que vinculan parámetros convencionais na súa cadea, senón a un protocolo flexible capaz de incorporar un continuo de novos cambios ao seu novo proceso. Neste libro preséntase a necesidade de aplicar protocolos de tradución editorial cuxa demanda de calidade depende destas políticas.

 

RESEÑAS

  • Cadernos de Tradução, n.º 28: 220-225, v. 2 (2011), Florianópolis, Brasil
  • Quaderns: revista de traducció, n.º 19 (2012): 419-421.