I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

25 de xaneiro de 2020, na Biblioteca Concepción Arenal. Campus Vida, Rúa dos Feáns, s/n, Santiago de Compostela.

 

A AGX, en colaboración coa AGPTI, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago, organiza a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2020 na Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida), en Santiago de Compostela.

 

Podes consultar aquí o programa.

 

O programa de actividades inclúe un obradoiro práctico de tradución (25 participantes). Se desexas participar, é preciso que o indiques na inscrición. Nese caso, recibirías os textos cos que se traballará con varias semanas de antelación para a súa posta en común o día de celebración da xornada.

 

Cota de inscrción: A inscrición para socias e socios da AGX e da AGPTI é gratuíta, para o resto de público a cota é de 10 euros, que se aboará o mesmo día da xornada.

 

Prazo de inscrición: até o 18 de decembro de 2019 ou até completar aforo (30 participantes).

 

Para anotarte, envía simplemente un correo electrónico a infoagx@gmail.com cos teus datos, indicando se desexas participar ademais no obradoiro ou non.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>