ANUNCIO DE CONFERENCIA

O vindeiro mércores día 22 de maio, María FERNÁNDEZ MOYA, investigadora e profesora no Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF Universidad Complutense de Madrid), impartirá a conferencia “O mercado exterior do sector editorial español” no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución

 

DÍA: mércores 22 de maio

 

HORA: 11.00 h

 

LUGAR: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución

 

Estades todas e todos os convidados

 

María Fernández Moya é doutora en Historia Económica e profesora no Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEF Universidad Complutense de Madrid). 

O seu relatorio versará sobre o mercado do libro, un tema de sumo intrese para o mundo da tradución.

 

España é actualmente unha das potencias mundiais en materia de edición xa que move uns 3 000 millóns de euros. Dada a falta de liderado noutros sectores industriais, o mediocre nivel educativo e cultural do país durante case todo o século XX, como é posible que España ocupe un posto tan relevante no rango internacional de potencias editoriais?, como foi capaz de forxar un tecido editorial competitivo a nivel internacional?

 

A profesora Fernández Moya tratará de responder a estas e outras preguntas que se lle formulen sobre a cuestión.

 

A conferencia está financiada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo dentro da convocatoria 2019 de “Axudas para actividades extraacadémicas e de difusión cultural”.

 

Agardámosvos a todas/os!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>