Publicacións
Título [A] [E] Poetas itinerantes / Poeta ibiltariak
Autoras/es Nome   VV. AA.
Traducións  [A] [E] Poetas itinerantes / Poeta ibiltariak
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Ano  2016
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  50 p.
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía. Contén poemas en vasco e en galego a carón da súa tradución a galego ou vasco segundo corresponda. Textos de:
Anxo Angueira
Leire Bilbao
Gonzalo Hermo
Felipe Juaristi
Miren Agur Meabe
Manuel Rivas Barrós
Dores Tembrás
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  s. n.
Lugar de edición: editora, colección   Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Localización e signatura  
Fonte  Consello da Cultura Galega
Soporte  Formato electrónico
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Resumo: «O programa «Poetas itinerantes» chega a Galicia, desta volta para poñer en diálogo voces que falan éuscaro e galego, dando así continuidade a un proxecto de amplo alento promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramon Llull e o Consello da Cultura Galega.
Nesta primavera de 2016 acollemos en Compostela a Miren Agur Meabe, Leire Bilbao e Felipe Juaristi, que dialogarán a través dos seus versos con Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas; por volta do verán, serán as voces galegas as que se poidan escoitar —en galego— en Euskadi. Damos así continuidade a un programa iniciado en Barcelona, en maio de 2015, cun primeiro encontro entre a poesía catalá e a vasca: a partir de aí, unha rolda de encontros sucesivos (en Galicia, Catalunya e Euskadi) irá estreitando os vencellos entre as tres culturas, coa poesía como aliada na construción dun espazo común e diverso no que existirmos e dende o que falar coas nosas propias voces. Esta publicación quere ser logo unha ponte máis pola que transitarmos cara a ese futuro intercultural e multilingüe».

Textos en galego e éuscaro. O recital Poetas itinerantes – Poeta ibiltariak tivo lugar o 16 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela.

Trátase dunha publicación electrónica do Consello da Cultura Galega (con DOI 10.17075/pipi.2016), dispoñible en PDF en: https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2016_Poetas-itinerantes-Poeta-ibiltariak.pdf
Ficheiros