| Título | [A] [E] Poetas itinerantes / Poeta ibiltariak |
|---|---|
| Autoras/es Nome | Iñigo Roque Isaac Xubín |
| Publicacións | [A] [E] Poetas itinerantes / Poeta ibiltariak |
| Ilustracións | |
| Xénero | LIT_Poesía |
| Lingua | Éuscaro - eus |
| Direccionalidade | Directa |
| Ano | 2016 |
| Edición | bilingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | 50 p. |
| Obra completa, Antoloxía | Antoloxía. Contén poemas en vasco e en galego a carón da súa tradución a galego ou vasco segundo corresponda. Textos de: Anxo Angueira Leire Bilbao Gonzalo Hermo Felipe Juaristi Miren Agur Meabe Manuel Rivas Barrós Dores Tembrás |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | |
| Lugar de edición: editora, colección | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega |
| Localización e signatura | |
| Fonte | Consello da Cultura Galega |
| Soporte | Formato electrónico |
| Introdución e notas | |
| Textos críticos | |
| Premio(s) | |
| Observacións | Resumo: «O programa «Poetas itinerantes» chega a Galicia, desta volta para poñer en diálogo voces que falan éuscaro e galego, dando así continuidade a un proxecto de amplo alento promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramon Llull e o Consello da Cultura Galega. Nesta primavera de 2016 acollemos en Compostela a Miren Agur Meabe, Leire Bilbao e Felipe Juaristi, que dialogarán a través dos seus versos con Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas; por volta do verán, serán as voces galegas as que se poidan escoitar —en galego— en Euskadi. Damos así continuidade a un programa iniciado en Barcelona, en maio de 2015, cun primeiro encontro entre a poesía catalá e a vasca: a partir de aí, unha rolda de encontros sucesivos (en Galicia, Catalunya e Euskadi) irá estreitando os vencellos entre as tres culturas, coa poesía como aliada na construción dun espazo común e diverso no que existirmos e dende o que falar coas nosas propias voces. Esta publicación quere ser logo unha ponte máis pola que transitarmos cara a ese futuro intercultural e multilingüe». Textos en galego e éuscaro. O recital Poetas itinerantes – Poeta ibiltariak tivo lugar o 16 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela. Trátase dunha publicación electrónica do Consello da Cultura Galega (con DOI 10.17075/pipi.2016), dispoñible en PDF en: https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2016_Poetas-itinerantes-Poeta-ibiltariak.pdf |
| Ficheiros |