| Observacións |
Poemas en ruso, esloveno, chinés, xaponés...
Volume colectivo coordinado por Yolanda Castaño, que recolle unha experiencia celebrada nun obradoiro que se acolleu en Eslovenia no ano 2010.
Concéntranse un conxunto de autores –Antoine Cassar, Yasuhiro Yotsumoto, Mamta Sagar, Veronika Dintinjana, Stanislav Lvovsky e Xi Chuan- que representan diversas tradicións literarias -de chinesa á xaponesa, da rusa á eslovena, da maltesa á canaresa, unha das linguas falada na India-, vertidos á lingua galega, nunha edición que incorpora asemade os textos orixinais, alén de reproducirse un feixe de poemas propios en galego da coordinadora do volume. |