Traducións
Título [A] Verbas atlánticas: poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro
Autoras/es Nome  Plácido R. Castro del Río
Publicacións  [A] [Poesía inglesa, escocesa e irlandesa]
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2016
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  308 pp.
Obra completa, Antoloxía  Antoloxía
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-617-5317-8
Lugar de edición: editora, colección  Cambados: Fundación Plácido Castro
Localización e signatura  BUSC, Biblioteca de Filoloxía 8699 VERB 1
Fonte  BUSC
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  As obras en gaélico traducíronse a partir do inglés. Extensa antoloxía poética que recolle o traballo realizado polo tradutor Plácido Castro (Corcubión, 1902). A editora, Laura Linares, realiza unha introdución á figura do autor, salientando o seu compromiso con Galicia, a difusión da lingua e unha descrición dos contidos desta obra (pp. 7-24). Destaca a presenza de poemas británicos, escoceses e irlandeses traducidos pola man de Plácido Castro ao longo da súa vida. Transcríbense as composicións en inglés na esquerda e na dereita a versión do tradutor en galego seguindo un criterio alfabético. O volume divídese en dúas partes: na primeira aparecen poemas de autores anglosaxóns (pp. 25-225), mentres que na segunda unicamente se presenta a composición As Rubáiyát de Omar Kháyyám (pp. 227-289). Os autores que se resaltan na primeira parte, acompáñaos unha breve nota biográfica que recolle a súa vida e obra: George Russell, William Allingham, William Blake, Robert Burns, Joseph Campbell, Seamus Cartan, Padraic Colum, William Henry Davies, Ernest Dowson, Thomas Hardy, A. E. Housman, Walter de la Mare, John Masefield, Thomas Moore, Antoine Ó Raifteiri, Aogán Ó Rathaille, Padraig Pearse, Christina Rossetti, James Stephens, R. L. Stevenson e W.B. Yeats. Trátase de composicións de temáticas moi diversas, como a natureza, a relixión, o amor como oposición á morte, o lamento pola terra de Irlanda e a súa situación, a melancolía, o existencialismo etc. A segunda parte tan só dá conta dunha extensa composición, introducida por unha nota do tradutor (pp. 228-248), a cal resume a peregrinaxe humana e a exaltación dos sentimentos. O volume remata coas notas do tradutor, nas que explica os seus criterios de uso e as súas fontes.
Ficheiros