Traducións
Título Hamlet
Autoras/es Nome  Miguel Pérez Romero
Publicacións  Hamlet
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2023
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  21 cm, 207 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN   978-84-8487-627-4
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, Col. Teatro, 429
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 SHA ham
Fonte  BNE, BUV, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Descrición da editora: "A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca", de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino. Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e , sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron (e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... "Hamlet" é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, e o seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un "Hamlet" definitivo. É e seguirá sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas." (https://laiovento.gal/CATALOGO/1236/HAMLET.html, data de consulta: 13/03/2025) Tamén dispoñible en formato ePub co ISBN: 978-84-8487-628-1.
Ficheiros