20 Anos da Biblioteca de Tradución Galega (BITRAGA)

O xoves 28 de setembro terá lugar a celebración do Día Internacional da Tradución 2023. O acto contará cunha conferencia a cargo de Burghard Baltrusch, ás 11:30 h., no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución e un faladoiro no que intervirán Fina Casalderrey, Paula Carballeira e Patricia Buxán na aula 1 do edificio Redeiras, ás 19:00 h.

O evento será retransmitido pola Canle 1 da UVigo TV. Anexamos cataz para máis información.

Agardamos que sexa do voso interese.