Gustavo Sorá na FFT

O grupo de investigación BITRAGA, integrado en BIFEGA organiza unha conferencia de Gustavo Sorá (CONICET, Arxentina e Universidade Nacional de Córdoba), antropólogo, especialista en Socioloxía da Tradución e membro correspondente do Centre de Sociologie Européenne. O acto terá lugar o 3 de decembro ás 11 h no Salón de Graos da FFT baixo o título:

 

Desafíos teóricos en los estudios sobre la traducción de libros: aproximaciones históricas y sociológicas sobre la traducción de libros en Argentina

 

Desde o marco do Sistema Mundial das Traducións, analiza o poder desigual de linguas e mercados nacionais para a lexitimaren internacionalmente a palabra impresa, así como os obstáculos e manipulacións dos intercambios asociados á tradución de libros.