A Biblioteca Dixital da Tradución Literaria Galega (1980-2005)

O proxecto tiña como obxectivo fundamental elaborar unha base de datos como ferramenta propia que permitise elaborar o censo das traducións e tradutoras/os literarios da lingua galega nun período moi concreto (1980-2005) e de enorma producción para o sistema literario.

A Biblioteca da tradución literaria galega (1980-2008)

O proxecto tiña como obxectivo fundamental darlle continuación ao iniciado na fase anterior. Recóllese información sobre títulos, autorías, tradutores/as, combinacións lingüísticas, xéneros, lugar e data de publicación (e de reedición, de ser o caso), número de exemplares publicados etc.; así como o lugar onde se poden localizar os textos literarios traducidos. Ademais de compilar os […]

A Biblioteca da tradución literaria galega (1980-2009)

O proxecto tiña como obxectivo fundamental darlle continuación ao iniciado na fase anterior. Recóllese información sobre títulos, autorías, tradutores/as, combinacións lingüísticas, xéneros, lugar e data de publicación (e de reedición, de ser o caso), número de exemplares publicados etc.; así como o lugar onde se poden localizar os textos literarios traducidos.Ademais de compilar os nomes […]

Traducións non literarias en BITRAGA (1980-2012)

Este proxecto censa as traducións non literarias editadas en formato libro realizadas no período 1980-2012 e inclúe a tradución dos textos de creación en lingua galega no exterior. Pretendemos proxectar así a produción traducida cara ao exterior e trazar un panorama comparativo de exportación e importación de textos non literarios.

Ampliación da BITRAGA (1980-2013)

O proxecto dálle continuidade ao anterior, revisa e censa as traducións non literarias editadas en formato libro realizadas no período 1980-2013 e inclúe as traducións publicadas dentro e fóra de Galicia. Pretendemos proxectar así a produción non literaria traducida coa fin de trazar un panorama comparativo rigoroso e fiable de exportación e importación de textos […]

O formato alternativo das traducións

Seguindo a liña de investigación de Bitraga, o proxecto peneira os libros, soportes e as webs galegas (bibliotecas virtuais) que achegan libros ou catálogos dixitais, así como outros espazos de ámbito nacional e internacional susceptibles de ofreceren material documental do noso interese. Compilamos os audiolibros (libros narrados e gravados en audio); procuraremos os textos en […]