O proxecto tiña como obxectivo fundamental elaborar unha base de datos como ferramenta propia que permitise elaborar o censo das traducións e tradutoras/os literarios da lingua galega nun período moi concreto (1980-2005) e de enorma producción para o sistema literario.
Elaboración do Catálogo da Literatura galega traducida e da tradución das obras universais cara ao galego (2008-2008)
Realizouse un informe detallado para que a administración galega tomase as decisións de promoción da literatura galega no exterior e a súa política de subvención de tradución en Galicia.
A Biblioteca da tradución literaria galega (1980-2008)
O proxecto tiña como obxectivo fundamental darlle continuación ao iniciado na fase anterior. Recóllese información sobre títulos, autorías, tradutores/as, combinacións lingüísticas, xéneros, lugar e data de publicación (e de reedición, de ser o caso), número de exemplares publicados etc.; así como o lugar onde se poden localizar os textos literarios traducidos. Ademais de compilar os […]
A Biblioteca da tradución literaria galega (1980-2009)
O proxecto tiña como obxectivo fundamental darlle continuación ao iniciado na fase anterior. Recóllese información sobre títulos, autorías, tradutores/as, combinacións lingüísticas, xéneros, lugar e data de publicación (e de reedición, de ser o caso), número de exemplares publicados etc.; así como o lugar onde se poden localizar os textos literarios traducidos.Ademais de compilar os nomes […]
Ampliación de la base de datos BITRAGA (Biblioteca da Tradución Galega)
Este proxecto censa as traducións realizadas no período 1980-2010 e inclúe a tradución dos textos de creación en lingua galega no exterior. Pretendemos proxectar así a produción traducida cara ao exterior e trazar un panorama comparativo de exportación e importación.
Ampliación, revisión e mellora da base de datos BITRAGA (Biblioteca da Tradución Galega)
O proxecto revisa o catálogo das traducións realizadas no período 1980-2011. Nesta fase de elaboración do censo, facemos balance e comprobamos que hai elementos que se deben mellorar co fin de obter datos fiables e rigorosos e proceder ao estudo cualitativo da produción traducida dende e cara á lingua galega.
Traducións non literarias en BITRAGA (1980-2012)
Este proxecto censa as traducións non literarias editadas en formato libro realizadas no período 1980-2012 e inclúe a tradución dos textos de creación en lingua galega no exterior. Pretendemos proxectar así a produción traducida cara ao exterior e trazar un panorama comparativo de exportación e importación de textos non literarios.
Ampliación da BITRAGA (1980-2013)
O proxecto dálle continuidade ao anterior, revisa e censa as traducións non literarias editadas en formato libro realizadas no período 1980-2013 e inclúe as traducións publicadas dentro e fóra de Galicia. Pretendemos proxectar así a produción non literaria traducida coa fin de trazar un panorama comparativo rigoroso e fiable de exportación e importación de textos […]
O formato alternativo das traducións
Seguindo a liña de investigación de Bitraga, o proxecto peneira os libros, soportes e as webs galegas (bibliotecas virtuais) que achegan libros ou catálogos dixitais, así como outros espazos de ámbito nacional e internacional susceptibles de ofreceren material documental do noso interese. Compilamos os audiolibros (libros narrados e gravados en audio); procuraremos os textos en […]